O tríscele, icono representativo da cultura celta. Segundo esta, o tríscele representa a evolución e a aprendizaxe. Foi utilizado como talismán e podémolo encontrar en forma de petróglifos gravados na pedra. Nesta peza de mobiliario tamén aparece gravado na pedra. O deseño consta de tres brazos ou módulos que se unen nunha parte central, gardando así certa similitude escultórica e representativa cun tríscele.